Coñecer a situación e as perspectivas do teatro social e configurar unha rede de traballo cooperativo en Galicia. Este é o obxectivo do Foro Internacional de Teatro Social que está a preparar a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) que ten a súa sede en Vigo. Esta iniciativa pretende promover a colaboración e cooperación entre todos os que fan parte da animación teatral e dar a coñecer que o teatro tamén pode cumplir unha función no desenvolvemento persoal e comunitario. A escola ten aberto o prazo de presentación para que persoas e colectivos presenten unha comunicación a este foro que se desenvolverá os dÃas 7 e 8 de outubro en Vigo.