Fegatea outórgalle o seu premio a Escola Superior de Arte Dramática

A Consellaría de Cultura apoia con 30.000 euros o circuíto de teatro afeccionado da federación

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia foi galardoada o pasado venres co V Premio FEGATEA á Animación Teatral. A xunta directiva da Federación Galega de Teatro Afeccionado acordou por unanimidade concederlle o galardón a este centro "pola súa continuada e destacada colaboración coa federación e co teatro amador en xeral". O premio, de carácter bienal, entregarase o vindeiro 2 de xuño nun acto que se desenvolverá en Lalín a partir das 22:30 horas.

En paralelo, a Federación asinaba este sábado un convenio coa Consellaría de Cultura. A través do mesmo a entidade pública achega 30.000 euros á realización do circuíto de teatro amador que promove a Fegatea e que levará un total de 60 funcións en sedes de toda Galicia.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Animación, Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Lalín