Fegatea premia o labor de divulgación do teatro amador de Buxiganga

Este galardón, de carácter honorífico, concédese bianualmente

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Fegatea premia o labor de divulgación do teatro amador de Buxiganga

O proxecto Buxiganga naceu en 2009, pero malia a ser tan recente, agrupa a máis de medio centenar de grupos de teatro amador e consolidou circuítos de programación entre pequenas localidades non afeitas a ver espectáculos teatrais. Precisamente, ese traballo con “ampla repercusión no eido da cultura teatral en xeral e do teatro afeccionado en particular” por toda a provincia acáballe de valer, por unanimidade, o premio Fegatea á animación teatral. Este galardón, de carácter bianual e honorífico, concédeo a Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea). A entrega do premio terá lugar o 9 de decembro en Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Animación, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos