Premio Fegatea ao Centro Dramático

Entregouse durante o 24 aniversario da federación no Castelo de Sobroso

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Francisco Veiga recollendo o galardón  Foto: FEGATEA

Francisco Veiga recollendo o galardón Foto: FEGATEA

O Centro Dramático Galego ven de recibir o VII Premio Fegatea á Animación Teatral, un galardón entregado durante a celebración do 24 aniversario da Federación Galega de Teatro Afeccionado que se celebrou este domingo no Castelo de Sobroso, en Ponteareas. Durante o acto, que contou con 16 pezas de microteatro representadas por compañías de toda Galicia. entregouse este galardón que recoñece o apoio ao teatro amador desde a unidade teatral pública, así como a súa traxectoria e importancia. O director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo e Francisco Veiga, xefe de produción do CDG, asistiron e recolleron o premio.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Castelo, Anxo Lorenzo, Animación...