Albert Maysles, creador do cinema directo, ofrece en Tui unha clase maxistral

Hoxe proxéctanse Imaxes secretas de Diana Touceda e Piedade de Otto Roca

15/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Compartíu, xunto co seu irmán David, xira cos Beatles cando estes comezaban a despuntar retratando un dos documentais que abriu unha nova forma de achegarse á realidade. Albert Maysles é unha lenda do documental e onte compartíu un coloquio co público en Play Doc, o festival de documentais de Tui. Lonxe de mitificar o seu traballo, defende a honestidade e a autenticidade da xente que retrataba e que deu lugar a un xénero, o do cinema directo, que xurdiu a finais dos 50 e principios dos 60 para romper con todas as tradicións anteriores, aspirando a capturar a realidade da maneira máis fiel a como acontecen as cousas. Este documetnalista dará mañá unha clase maxistral sobre os seus métodos que se poden comprobar no ciclo de seis filmes que Play-Doc proxecta sobre a súa figura.

Na sección destinada a exhibir os mellores traballos do audiovisual recente están Imaxes secretas de Diana Touceda e Piedade de Otto Roca.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Tui, Documentais, Documental...

Claves

Entidades
Lugares