A terceira edición de Play Doc xa está en marcha. E este ano, en palabras dun dos seus directores, Anxo Sánchez, pretende “combinar proxección de documentais coa materialización da realidade que se ve nas pantallas”. Por iso, ademais de manter a estrutura do festival (sección oficial de curtas, longas e unha informativa sobre as producións deste xénero no noso paÃs), reforza as actividades paralelas. De todas as que están previstas destacan dúas: a presenza dun dos artistas máis representativos da arte e activismo, Ron English e da outra a celebración de concertos a cargo dalgún grupo que estea representado no festival cun documental. Este ano o plato estrela é “Mostar Sevdah Reunion” que ofrecerá un concerto que recollerá o ambiente sonoro que se recolle un documental que defende a tese da superación do conflito dos Balcáns a través da música.
Máis información no web de Play Doc