Albert Maysles e Guillén Landrián son os grandes nomes desta edición Play Doc

A sección cinema galego dará conta do bo momento do documental galego

8/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

“Estamos moi satisfeitos. Esta é unha das mellores edicións. Son nove anos e a labor cristaliza sobre todo coa presenza do gran Albert Maysles”. Sara García destacaba así o papel que ten par o certame a retrospectiva de Maysles “das máis importantes que temos feito”. Unha sesión que terá como contrapucto o ciclo dedicado a Guillén Landrián. Canda iso, a sección cinema galego exhibirá o bo momento que ten o documental galego a nivel internacional. O outro codirector de Play Doc, Ángel Sánchez, destacou o reto de manterse 9 anos en cartel “cun festival internacional dende a periferia e que se fale del”. Concertos, conferencias e proxeccións conforman o cartel deta edición que terá lugar entre o 13 e o 17 de marzo en Tui.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Cine, Tui

Claves

Conceptos
Lugares