Albert Maysles, un dos pioneiros do cine en directo, estará no Play Doc

A cita desenvolverase do 13 ao 17 de marzo

11/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculosteatro
30 lecturas | Compartido 0 veces

Albert Maysles estará no Play Doc

Era 1969, a xira dos Rolling Stones daba os últimos coletazos e os irmáns Maysles (Abert e David) acaptaron unha petición da banda para gravar o seu concerto en directo. Aquel material, que lle serviu de pretexto para reflexionar sobre o fenómeno do materialismo e da obsesión pola fama, acabou converténdose en Gimme Shelter, unha das películas máis populares sobre a mítica banda de rock. O filme puido verse en sección non competitiva no marco do Festival de Cannes de 1971. Desde entón os Maysler aceleraron unha carreira documental que os levou a traballar cos Beatles, Truman Capote e mesmo gravar a Kennedy. Malia que David xa morreu, o seu irmán, Albert estará presente en Tui, no marco do Festival Play Doc para falar da súa forma de entender o cine en directo. Unha conferencia e a proxección dos seus traballos conforman parte da programación deste certame que se celebrará do 13 ao 17 de marzo.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos
Lugares