Unha xornada recupera o saber popular sobre alimentación

Alimentación Consenso celébrase o vindeiro 16 de marzo en Palas de Rei

| Santiago. Redacción | Seccións: Gastronomía
Compartir:

Escoitar o que teñen que contar sobre alimentación os maiores do noso rural, esta é a base da proposta Alimentación Consenso, que organiza a produtora de alimentos ecolóxicos Arqueixal no marco do proxecto Son d'Aldea. A iniciativa desenvolverase o vindeiro 16 de marzo en Santiago de Alba, Palas de Rei, e contará coa presenza de tres persoas con ampla experiencia no coidado de saúde e da alimentación. Os remedios caseiros de Teresa de Betote, os estiramentos e a comida de Xusto de Seixas e os exercicios de respiración de Oliverio de Castro de Rei protagonizarán un coloquio a partir das cinco da tarde.

Ao caer a noite, tomará o relevo a iniciativa Prato_do, un proxecto de Tapería Responsable Itinerante que pretende percorrer a nosa xeografía propondo tapas ecolóxicas, saudables e de temporada da man de diferentes locais. Desta volta propón un menu baseado en produtos da Ulloa e que estará amenizado pola actuación de Hortensio, home orquestra de Viveiro. As prazas están limitadas a oitenta e a inscrición custa 15 euros.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A falar ben do que se come

A falar ben do que se come

O Dicionario de alimentación e restauración quere favorecer o uso da nosa lingua en hostelaría

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Palas de Rei, Castro de Rei, Xeografía, Viveiro...