A Coruña presenta unha nova plataforma de turismo industrial

O proxecto integra 68 empresas de ámbitos como a enerxía, a alimentación ou o mar

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A Coruña presenta unha nova plataforma de turismo industrial

Unha serie de rutas, un web e unha aplicación darán a coñecer as posibilidades de turismo industrial da provincia da Coruña. A Deputación Provincial acaba de dar a coñecer esta iniciativa, na que participan un total de 68 empresas de ámbitos como a alimentación, o sector agrogandeiro, o mar, a artesanía ou mesmo a enerxía. No marco do proxecto ofertaranse paquetes turísticos e rutas temáticas a partir dos eixes Natureza e Enerxía, Construíndo o cotián, O Mar e os seus oficios, Reinventando a alimentación e Camiños de terra e auga. Os interesados en coñecer este patrimonio teñen un web e mais unha aplicación para dispositivos móbiles ao seu dispor.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A falar ben do que se come

A falar ben do que se come

O Dicionario de alimentación e restauración quere favorecer o uso da nosa lingua en hostelaría

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, A Coruña, Natureza, Deputación Provincial...