Galebook gaña o premio Innova-G á mellor start-up galega

A Asociación Galega de Empresas TIC dá a coñecer os seus galardóns a proxectos innovadores

11/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Tecnoloxía
Compartir:

A Asociación Galega de Empresas TIC daba a coñecer esta mañá os gañadores dos galardóns Innova-G, que recoñecen a orixinalidade e a innovación de proxectos neste campo. Nos mesmos, o xurado recoñeceu Galebook como mellor empresa que comeza en Galicia (start-up), un proxecto centrado no libro electrónico nada na Coruña. Canda a esta iniciativa, foron recoñecidas propostas como a aplicación de Páxinas Galegas para móbiles ou Un Mundo Accesible, nas categorías de Mellor deseño para todos e Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares