A falar ben do que se come

O Dicionario de alimentación e restauración quere favorecer o uso da nosa lingua en hostelaría

| Santiago. Redacción | Seccións: Gastronomía
Compartir:
Capa do Dicionario de alimentación e restauración

Capa do Dicionario de alimentación e restauración

Máis de 3.000 conceptos e 3.600 denominacións cos seus equivalente en castelán e inglés. Esta é a proposta do Dicionario de alimentación e restauración que presentaba recentemente a Xunta. Agora, a obra está dispoñible para a súa descarga íntegra no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O proxecto, elaborado polo grupo TERMIGAL do Centro Ramón Piñeiro, quere favorecer o emprego da nosa lingua no sector hostaleiro. Na obra, para alén dos nomes dos alimentos, podemos atopar tamén as denominacións latinas de moitas especies e mesmo definicións sobre xeitos de cociñar, entre outros contidos.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Ramón Piñeiro, Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística...