Máis dicionarios para o galego

O de Recursos Humanos e o de Pegagoxía súmanse á oferta na nosa lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Real Academia Galega presentaba o pasado venres o primeiro Dicionario galego de recursos humanos. Con 1.300 termos en galego, 1.400 en castelán e 1.700 en inglés, esta obra quere facilitar o emprego da nosa lingua no ámbito empresarial, achegando alternativas a anglicismos e neoloxismos. Esta non é a única novidade en canto a obras de consulta para a nosa lingua, xa que ás sete e media desta tarde Galaxia presenta o Dicionario galego de pedagoxía. A obra reúne arredor de 500 entradas nas que se explican polo miúdo termos e conceptos desta disciplina.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A falar ben do que se come

A falar ben do que se come

O Dicionario de alimentación e restauración quere favorecer o uso da nosa lingua en hostelaría

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Real Academia Galega, Medios de comunicación, Lingua galega...