A Universidade de Santiago inclúe a dieta atlántica nos comedores

O obxectivo é difundir este estilo de alimentación

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Leva anos difundindo os beneficios da dieta atlántica e, desde hoxe, a Universidade de Santiago tamén predica co exemplo. Os comedores da USC (nos campus de Santiago e de Lugo) incorporarán na súa oferta diaria de menús alimentos que conforman o se deu en chamar dieta atlántica (cereais, pan, patacas, vexetais, froitas, castañas, noces, peixe, mariscos, algas, tenreira galega, porco ou caza) cociñados segundo as directrices deste modelo alimenticio baseado fundamentalmente na cocción, no ferro, no guisado e no asado, mais que na fritura. O obxectivo é informar e promover o estilo de alimentación promovido pola institución académica a través da Fundación Dieta Atlántica.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Lugo

Claves

Entidades
Lugares