A dieta mediterránea é máis coñecida que a atlántica, pero os médicos dispoñen cada vez de máis datos epidemiolóxicos, bioquÃmicos e clÃnicos, que demostran que a dieta atlántica non só ten uns efectos nutricionais igual aos da mediterránea senón que mesmo é máis beneficiosa. Un grupo de endocrinos e nutricionistas galegos organizan en Baiona un congreso para por en valor a dieta atlántica e, de paso, rachar con algúns tópicos.
O doutor Rafael Tojo Sierra é un dos médicos galegos que levan anos analizando os compoñentes da dieta mediterránea e un dos artÃfices do “Centro europeo de dieta atlántica” (CEDA). Trátase dunha sociedade creada en Portugal por un grupo de médicos europeos, entre os que hai unha nutrida representación galega, co obxectivo a promoción e o mellor coñecemento dos valores positivos do consumo tradicional da dieta atlántica na saúde da poboación. Dentro desta finalidade, o mes de novembro (dos dÃas 16 a 19) esta entidade organiza en Baiona o “II Congreso Internacional da Dieta Atlántica” e a “IV reunión internacional da alimentación e a nutrición no século XXI”. Sempre co obxectivo de promover unha dieta saudable e dos hábitos tradicionais que ten a dieta atlántica.
Pero.. ¿que é a dieta atlántica?
O doutor Tojo explica que a dieta atlántica “son os alimentos que se consumen tradicionalmente no arco atlántico, que vai desde os paÃses nórdicos ata Portugal”. Esta dieta inclúe os produtos desta área xeográfica: leite (cos seus correspondentes derivados), vexetais (que tiveron na costa atlántica unha produción maior que noutros lugares), ou algúns produtos vexetais (como as plantas do xénero brassica: nabizas, grelos, nabos...), a carne de vacún e peixe, moito peixe. Sobre este alimento incide o profesor Tojo porque “ten unha importante concentración duns ácidos poliinsaturados, os Omega 3, hoxe moi difundidos grazas á televisión, que están nas membranas que protexen todas as nosas células. Isto é importante porque facilita o mellor funcionamento xeral do organismo”. Estes ácidos graxos son moi importantes, nos primeiros tempos da vida, para o desenvolvemento do sistema nervioso central, e para protexelo dos fenómenos dexenerativos propios da idade. Pero non só iso, senón que tamén teñen un papel moi destacado na protección cardiovascular e no funcionamento de moitos órganos vitais. É un elemento moi importante de protección da saúde.
Non son só teorÃas, senón que está completamente probado ao longo da historia que as poboacións da costa do eixo atlántico teñen un alto nivel de consumo de peixe e marisco superior ao das áreas mediterráneas e ao conxunto da España interior. Isto evidencia tamén que as doenzas relacionadas coa súa alimentación tamén son diferentes. Hai estudos que asocian a dieta atlántica coa maior lonxevidade dos galegos e coas cifras de colesterol máis baixas, asà como hai outros que relacionan a mediterránea con menor risco de enfermidades cardiovasculares. “Nós, asegura o doutor Tojo, seguimos defendendo a dieta mediterránea, pero cremos que a conxunción das dúas dietas conservando delas o mellor e adaptándoa desde o punto de vista gastronómico á realidade social de hoxe, serÃa a combinación perfecta”.
Evolución da dieta atlántica
As dietas non son fixas, senón que evolucionan do mesmo xeito que as sociedades que as producen. De feito, o doutor Tojo explica que “a dieta atlántica evolucionou nos últimos anos, paralela ao fenómeno da globalización dos mercados, que supuxeron a incorporación de elementos novos á dieta”. Este fenómeno irreversible non é exclusivo da dieta atlántica, senón tamén da mediterránea, pero para este experto en nutrición “é manifesto en todo o eixo atlántico, pero o que pasa é que a presión é menos forte e continúa máis vivo o fenómeno tradicional de consumo de certos alimentos clave do que acontece no eido mediterráneo”.
¿Por que é máis coñecida a dieta mediterránea?
A dieta mediterránea (carne de ovino, aves, coello, froitas e hortalizas) é moito máis coñecida e tradicionalmente está asociada a valores positivos desde o punto de vista nutricional. O profesor Tojo asegura que “isto ten unha explicación histórica que se remonta ata os anos cincuenta. Despois da segunda guerra mundial en Europa habÃa unha alta taxa de mortaldade por enfermidades cardiovasculares, mentres que nalgunhas áreas do mediterráneo, en especial na illa de Creta eran moi lonxevos e as enfermidades cardiovasculares eran inexistentes. Un profesor americano (Ancel Keys) e outro nutricionista de recoñecido prestixio (Grande Cobián) viron que as caracterÃsticas e o estilo de vida da dieta, favorecÃan a falta de enfermidades cardiovasculares. Estudaron esa circunstancia e viron que era unha dieta que se caracterizaba por alimentos naturais, cunha abundancia de cereais, froitas, mais aceite de oliva e un consumo limitado de carnes que só incluÃan aves. Os alimentos que se inxerÃan, máis a actividade cunha estrutura de vida menos estresante, eran os elementos condicionantes”.
Como foi a dieta mais estudada e máis analizada, fÃxose de seguido a máis coñecida. O profesor Tojo asegura que “no atlántico non houbo un estudio similar do mesmo rigor co do propio Keys. Nós incorporámonos hai pouco tempo pero aÃnda hai un grande descoñecemento sobre este tema. Queda moito por facer”.
Os males da sociedade galega actual
Rafael Tojo forma parte dos proxectos deseñados polo Ministerio de Sanidade e pola consellarÃa de Sanidade (Plan Pasea) para promover actividades, exercicio e alimentación saudables, por iso coñece perfectamente a sociedade galega actual. Considera que a progresión da obesidade (e os derivados, como a hipertensión ou o colesterol) están relacionadas con dous aspectos: dunha banda a inxesta de alimentos e da outra os estilos de vida.
Comezamos polo primeiro, polo tipo de alimentos que consumimos. “Hoxe, explica o doutor Tojo, a tentación de comer nos invade e, por primeira vez, cómese sen fame e bébese sen sede”. De todos os produtos que se consumen cada vez é máis importante o que está a acontecer coa bebida, porque acostuma a pasar desapercibida dentro dos hábitos alimenticios e xoga un papel importante. Para este experto “por primeira vez bébense lÃquidos que non levan calcio pero son ricos en azúcares que perturban a calidade da dieta”. Ademais, en canto a comida, “óptase por un tipo de comida pouco elaborada, rica en azúcares e graxas engadidas cuxo consumo perturba o funcionamento do noso metabolismo e o funcionamento dos nosos órganos”. A isto úneselle un problema engadido, que é os produtos máis sans e nutritivos (froitas e verduras) son cada vez máis caros.
O segundo dos aspectos fai referencia aos hábitos de vida. Cada dÃa está todo máis motorizado, co que se perden as oportunidades de moverse e de xogar e, polo tanto, a posibilidade de queimar calorÃas. “Isto, explica o profesor Tojo, non só é un problema de dieta, senón tamén da nosa conducta e da nosa actividade fÃsica. Vemos máis televisión, pasamos máis horas diante do ordenador e das tecnoloxÃas da comunicación que nos converten en máis sedentarios”. Ademais, para este experto o deseño actúas das cidades está pensado para os automóbiles e vehÃculos motorizados e cada vez menos para ser paseadas. “Non é un único factor, conclúe, pero debemos mellorar os nosos hábitos para vivir máis e mellor”.