Créase unha fundación para divulgar as vantaxes da dieta atlántica

Alimentación propia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Aceite de oliva, viño, carne de tenreira e porco, froitos secos (castañas e noces principalmente) e moito peixe. Estes son os principais ingredientes que contén a dieta atlántica, unha forma de alimentación tradicional propia de Galicia moi beneficiosa para o organismo pero menos coñecida que a chamada dieta mediterránea. Para divulgar as súas vantaxes, un grupo da Universidade de Santiago (USC) acaba de crear unha fundación que foi declarada de interese sanitario pola Xunta. Entre os seus cometidos tamén está a investigación para coñecer os nosos hábitos alimenticios ou mellorar a calidade nutricional dos alimentos.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre que é a dieta atlántica no noso tema

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Culturagalega, La Voz de Galicia