Costas desbloquea a recuperación do Estaleiro de Purro

Permitirá obras para musealizar o conxunto

7/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Concello de Bueu poderá comezar as obras para a rehabilitación do estaleiro tradicional de Purro. A Dirección Xeral de Costas comunicaba onte que considera viable a actuación, sempre que as obras se limiten ao recinto actual do estaleiro e que o destino das mesmas sexa museístico. O Concello iniciará agora a redacción dun plan de obra que deberá remitir a Costas con vistas a obter a concesión definitiva que permita actuar. O proxecto de recuperación deste conxunto, integrado hai dous anos no Inventario do Patrimonio Cultural, estaba paralizada a falta do informe previo de Costas.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Bueu, Bueu

Claves

Entidades
Lugares