Continúa o debate sobre o inventariado do Estaleiro de Purro como Patrimonio Cultural

Alegacións de veciños e do Ministerio de Medio Ambiente poñen en dúbida a protección do ben

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Mesmo despois de que a Xunta anunciase que incluirá a carpintaría de ribeira de Purro, en Bueu, no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural, continúa a polémica sobre este conxunto. A Asociación de Veciños Santa Ifigenia desta vila presentou alegacións á protección do ben, reclamando que a área de protección prevista para o mesmo é estensa de mais e asegurando asimesmo que moitos dos elementos que se queren protexer son na realidade máis modernos do que recolle a Dirección Xeral de Patrimonio. Ao tempo, o Ministerio de Medio Ambiente remitiulle á Xunta un escrito no que advirte asimesmo que o conxunto contén partes que non se axeitan á protección patrimonial, como muros de tixolo, un aseo, ou un almacén que non fan parte da construción orixinal, e reclámalle á administración que explique as razóns da protección.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio, Muros, Bueu

Claves

Lugares