Continúa paralizada a rehabilitación do Castelo da Palma

A Xunta asegura que a decisión final depende do Ministerio de Medio Ambiente

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Xunta de Galicia solicitaralle ao Ministerio de Medio Ambiente que aprobe o proxecto de rehabilitación do Castelo da Palma en Ferrol. O delegado da Xunta na Coruña, Diego Calvo, e mais a secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, visitaron onte o conxunto, e sinalaron que a iniciativa conta con todos os permisos autonómicos, e que cómpre que o Ministerio de Medio Ambiente autorize o emprego hostaleiro da fortaleza para que se inicien as obras. Medio Ambiente, pola súa banda, lembrou onte que a construción está nunha zona de servidume, o que impediría este emprego.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Castelo da Palma, Turismo, Xunta de Galicia...