Costas rexeita o proxecto de hotel no castelo da Palma

A continuidade da iniciativa esixe a intervención de Patrimonio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Vai xa para seis anos que se presentou a iniciativa de transformar o Castelo da Palma, na Ría de Ferrol, un complexo hostaleiro. Agora a proposta topou coa Dirección Xeral de Costas, que nega a posibilidade de que o proxecto se integre no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Segundo Costas, os edificios anexos ao principal, que se integraban no aproveitamento hostaleiro, están en zona de servidume, polo que non poderían ter esa función. Ademais, a lei non permitiría tampouco empregar o corpo principal con este fin. No entanto, a Dirección Xeral do Ministerio de Medio Ambiente, deixa aberta a posibilidade de mudar o seu dictame en base á importancia patrimonial do edificio. Para isto, segundo informa Diario de Ferrol, comprirá o apoio da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellaría de Cultura.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Castelo da Palma, Ferrol, Dirección Xeral de Patrimonio