Patrimonio paraliza a demolición do Cine Zárate, en Mugardos

O departamento autonómico valorará a posibilidade de catalogar o edificio

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Cine Zárate. Fotografía do web do Concello de Mugardos

Cine Zárate. Fotografía do web do Concello de Mugardos

A posibilidade de que o Concello de Mugardos opte por demoler o antigo Cine Zárate leva xa varias semanas a provocar protestas e debates. O pasado venres, a Xunta interviu nesta cuestión ao emitir a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural unha unha orde de suspensión das obras, a atender aos valores culturais e arquitectonicos do edificio. O informe dos técnicos da dirección xeral sinalan que a desaparición do conxunto suporía "unha perda irreparable". Ademais, Patrimonio lembra que calquera actuación no contorno esixe o informe premio deste departamento, e anunciou que comezará os estudos para valorar a inclusión do antigo cinema no catálogo do patrimonio cultural nun prazo de dous meses. A edificación, foi deseñada polo arquitecto Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón e posúe un estilo ecléctico con elementos modernistas, art decó e neoclásicos.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, lembraba onte en Diario de Ferrol que polo momento o concello non ordeou a demolición do cine, senón que unicamente conta cun informe que aconsella esta medida polo estado ruinoso do edificio. Tamén se amosou disposta a ceder o conxunto á Xunta para que corra coa súa rehabilitación.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Mugardos, Ferrol

Claves

Conceptos
Lugares