A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural vén de requirir ao Goberno central un proxecto técnico completo no que se describan en detalle as intervencións previstas nas Torres de Meirás dada a súa consideración como Ben de Interese Cultural (BIC). O departamento da Xunta de Galicia competente nesta materia recorda ao estado como titular do ben e responsable das intervencións que se trata dun paso previo legal indispensable para que ditas obras se poidan realizar, xa que deben contar coa súa autorización tal e como establece a normativa vixente na Comunidade. Tal e como se indica nun comunicado da ConsellerÃa, "a Xunta fai este requirimento desde a lealdade institucional que debe guiar este proceso e que, considera, debe ser recÃproca". Lembra o departamento autonómico que as obrigas que ten calquera particular en relación a un Ben de Interese Cultural rexen tamén para as administracións públicas, "que deben ser especialmente respectuosas e exemplares e, por suposto, cumprir cos necesarios preceptos da normativa en vigor".
O Concello de Sada vén de enviar un escrito a Patrimonio, que contén á súa vez a información remitida polo Ministerio de Hacienda. Nela inclúense unha serie de intervencións cuxa documentación, unha vez analizada, resulta incompleta. En concreto, precÃsase dun proxecto de intervención, asinado por un técnico competente, no que se definan en detalle as diferentes obras, algo que a dÃa de hoxe non foi remitido á Xunta. Tal e como establece Patrimonio, esta documentación deberá conter unha descrición detallada do estado actual dos elementos nos que se pretende intervir e dos que nin sequera se incorporan fotografÃas. Asà mesmo, sinala que non se acredita nin xustifica a situación de emerxencia, un mecanismo reservado para casos moi excepcionais como sucedeu, por exemplo, no incendio do santuario da Virxe da Barca en MuxÃa.