Carnota acollerá as xornadas "De Castros a Castelos" en xuño

Trátase de coñecer a evolución da paisaxe fortificada de Galicia ao longo dos séculos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Carnota acollerá as xornadas "De Castros a Castelos" en xuño

Co suxestivo título "De castros a castelos", a Asociación Monte Pindo Parque Natural celebrará en Carnota entre o 1 e o 2 de xuño unhas Xornadas de Historia e Patrimonio destinadas a "comprender os procesos de cambio, as causas da fortificación e da súa decadencia" ao longo da Historia de Galicia. Destacados especialistas reuniranse para tratar sobre os castros e o seu abandono, as fortificacións tardoantigas e altomedievais ou a plenitude do feudalismo e o uso militar das catedrais galegas. As xornadas tamén están abertas á participación doutros investigadores, que poden presentar comunicacións, e compleméntanse con excursións a fortificacións do contorno.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Mirar por riba da muralla

Mirar por riba da muralla

Máis de cento cincuenta persoas analizaron en Carnota a evolución das fortalezas en Galicia desde a Prehistoria

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carnota, Paisaxe, Historia de Galicia

Claves

Lugares