A Asociación Monte Pindo Parque Natural anuncia novas iniciativas

A recuperación do patrimonio e un centro de interpretación son algúns dos proxectos aprobados

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Ampliar a Galicia o ámbito de acción e conseguir a declaración de utilidade pública son dúas das resolucións que a Asociación Monte Pindo Parque Natural aprobou na súa I Asemblea Xeral Ordinaria. O encontro, que se celebrou o pasado sábado 10 de novembro, serviu tamén para adiantar os proxectos que este colectivo quere desenvolver ao longo do vindeiro ano. Entre estas, destaca o interese do colectivo por traballar para desenvolver un Centro de Interpretación do Monte, ou da roza e creación dun roteiro circular con saída e chegada na aldea do Pindo.

Ademais, a asociación quere realizar calcos dos petróglifos que existen no monte para evitar a súa perda por accións vandálicas, e organizará unhas xornadas de voluntariado para limpar os grafitis que afectan a algúns enclaves deste espazo natural.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves