A literatura protagoniza o VII Simposium Monte Pindo

O encontro repasa a pegada deste espazo nas letras ao longo do sábado 3 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A literatura protagoniza o VII Simposium Monte Pindo

A Asociación Monte Pindo Parque Natural organiza este sábado 3 de xuño o VII Simposium Monte Pindo. Centrado nesta xeira nas letras, o encontro "reflexionará encol da literatura que ao longo dos séculos, tamén nos últimos anos, se ten escrito arredor do Olimpo Celta", segundo explica a organización. O Pósito do Pindo acollerá o programa, de entrada libre.

No encontro inclúense palestras como a do xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní sobre "A Lito-literatura do Pindo". Mª Esther Barreiro Fernández falará encol do Monte Pindo e as terras de Carnota na obra de José Barreiro Barral, mentres Francisco X. Fernández Naval abordará As fontes do Pedregal.

Guadalupe Vázquez Formoso, con Monte Pindo: a máxia inspiradora e Laura Suárez cun relatorio sobre Descubrindo o Monte Pindo na man da literatura infantil galega, fan tamén parte dun programa que fecha cun coloquio entre as persoas participantes.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Celta, Laura Suárez, Francisco X. Fernández Naval...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares