O VI Simposio Monte Pindo estuda a rica toponimia da montaña carnotá

O encontro celébrase mañá sábado 21 de Maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O VI Simposio Monte Pindo estuda a rica toponimia da montaña carnotá

O VI Simposium Monte Pindo centrase este ano nunha das liñas de traballo da asociación que reivindica a posta en valor da montaña e a súa protección coa figura de parque natural. Trátase da toponimia da montaña e da área. A xornada celebrarase mañá sábado 21 de maio a partir das 10.30 horas e nela participarán especialistas e investigadores sobre o ámbito toponímico. Deste xeito, Modesto García Quintáns se achegará á elaboración cartográfica do territorio na comarca, Vicente Feijoo presentará a app Galicia nomeada , Martín Fernández falará da toponimia da Costa da Morte na zona do Ézaro, Alfonso Blanco estenderase na toponimia do monte e Francisco X. Fernández Naval impartirá un recital poético.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco X. Fernández Naval, Alfonso Blanco, Morte, Costa da Morte

Claves

Conceptos
Lugares