O Simposio do Monte Pindo, convocado pola Asociación Monte Pindo Parque Natural, céntrase nesta edición na condición deste espazo como refuxio de fuxidos da Guerra Civil. As peculiares e difÃciles caracterÃsticas orográficas do Pindo valeron para que centos de perseguidos polÃticos atoparan seguridade no monte mentres decidÃan que facer durante os primeiros momentos da Guerra Civil. A xornada, que se celebrará este sábado 1 de outubro, contará coa proxección do filme A mariñeira de Quilmas, de Antón Dobao, e conferencias de Eliseo Fernández, Luis Lamela e Moncho Ermida ao redor dos fuxidos e escapados republicanos durante o conflito.
Nesta quinta edición, por primeira vez, a cita terá carácter monográfico, ocupándose dun asunto que nunca antes en 80 anos se tratara na súa xusta medida: a historia dos fuxidos no Monte Pindo logo do golpe de estado de xullo de 1936. Naqueles primeiros instantes de desacougo e incerteza pola tebrosa ameaza que se cinguÃa sobre o noso pobo, milleiros de persoas de toda a bisbarra optaron por escalar as agrestes ladeiras do Olimpo Celta buscando refuxio da fratricida sede de sangue desatada naqueles que tentaban conseguir mediante as balas o que non lograran mediante as palabras. Desgrazadamente os seus temores non eran infundados: moitas destas persoas atoparon a morte no Monte Pindo, tentaron fuxir ou ben cederon finalmente ante falsas promesas de seren amnistiados; moi poucos porén volverÃan a ver as súas familias.
Por e para eles o colectivo veciñal pretende facer do cartel e o programa do Simposium unha verdadeira homenaxe póstuma a tantas persoas que deron a súa vida pola liberdade. Para iso, o V Simposium Monte Pindo contén un extenso programa de actividades que irá debullando o contexto sociopolÃtico da época e os acontecementos concretos vividos nos municipios de Carnota e Muros e na Costa da Morte en xeral, e que humildemente pretendemos que sexa do agrado de todas e todos.