Máis de cinco mil castros, centos de castelos, cidades amuralladas e un conxunto de fortificacións en altura máis enigmáticas convirten a Galicia nun paÃs de murallas pero tamén de numerosas historias aÃnda por contar ao redor das fortificacións e o feito de protexerse tralos muros. Máis de vinte especialistas reunÃronse esta fin de semana en Carnota para poñer este coñecemento en común.
Mario Maceiras, secretario da Asociación Monte Pindo, organizadores das xornadas “De Castros a Castelos”, defÃneas como unhas “xornadas low cost”. Tanto a Xunta de Galicia como a Deputación da Coruña denegaron as solicitudes de apoio para a organización, pero iso non arredou aos organizadores, que porfiaron no proxecto de reunir, por primeira vez no parcelado mundo dos estudos históricos galegos, a especialistas en distintas épocas históricas para debateren sobre fortificacións. O resultado: “un éxito rotundo”. Cento cincuenta persoas encheron o auditorio do concello de Carnota para escoitaren a máis de vinte especialistas de distintas universidades, centros de investigación ou empresas.
“Tiñamos medo de que se convertera nunha cita académica, pero sen embargo tentamos darlle ese enfoque popular mediante a difusión a nivel local ou asumindo uns prezos bastante populares”, afirma Maceiras, quen sinala que o proxecto naceu como unha “aventura” destinada a aproveitar as sinerxias creadas ao redor do proxecto de arqueoloxÃa pública Torre dos Mouros, onde no verán anterior limpouse e fÃxose unha pequena intervención arqueolóxica co obxectivo de determinar a cronoloxÃa da fortificación e implicar á cidadanÃa na xestión do patrimonio cultural.
Un fenómeno complexo
As xornadas “De castros a castelos” tentaron analizar a evolución do fenómeno das fortificacións desde o Bronce final ata a Revolta Irmandiña, que puxo fin á edificación de fortificacións na Idade Media. Entrementres, os especialistas mergulláronse na problemática da comprensión dun fenómeno que é máis complexo do que parece. “Para nós o grande éxito”, sinala Mario Maceiras, “foi desmitificar certos tópicos que existÃan na nosa Historia, moitas veces influenciados por televisión ou medios que distorsionan a nosa forma de entender o patrimonio. Pasamos de ver os castelos como estruturas meramente defensivas a ampliar moito esta visión, encadrando cada resto arqueolóxico co seu tempo e a súa sociedade”.
En efecto, moitos dos relatores ampliaron a visión convencional sobre as fortificacións e o seu contexto. Deste xeito, Rafael RodrÃguez detallou como determinados sitios arqueolóxicos da Idade do Ferro non poden ser comprendidos como castros e outro arqueólogo, Xurxo Ayán, detallou como a existencia dun gran número de castros poderÃa explicarse como un fenómeno de resistencia ante procesos de concentración de poder. O historiador José Carlos Sánchez Pardo destacou a importancia de comprender os contextos sociopolÃticos nos que se usan as fortificacións na Alta Idade Media, un periodo especialmente descoñecido da nosa Historia. Carlos Galbán destacou a natureza señorial das fortificacións da Idade Media e historiadores como Anselmo López Carreira enfatizou que a maior parte das fortalezas señoriais foran entregadas sen violencia durante a Revolta Irmandiña. Manuel Gago e Antón Malde analizaron un posible novo campamento romano en Negreira.
Vindeiras edicións
A organización pensa organizar unhas novas xornadas para o vindeiro ano, pero abordando outros aspectos históricos e etnográficos que permitan profundizar no coñecemento da historia e da cultura galega.