O Monte Pindo, ubicado no Concello de Carnota, é un espazo natural emblemático en Galicia, pero agora sabemos que tamén é un valioso conxunto arqueolóxico. Canda a existencia, xa coñecida, de fortificacións medievais ao norte e o sur do Monte (Penafiel e San Xurxo, respectivamente), a Asociación Monte Pindo Parque Natural avanzou as primeiras impresións de Manuel Gago, investigador do periodo tardorromano en Galicia, ao redor dunha serie de muros ubicados no monte. Para Gago, trátase dunha fortificación en altura similar ás identificadas ata agora no sur de Galicia en montes como o Aloia ou o Galiñeiro, cunha finalidade claramente defensiva, adaptadas á accidentada topografÃa do monte e con algúns lenzos en relativo bo estado de conservación: neles o grosor dos muros supera os dous metros. "AÃnda que é moi difÃcil determinar a cronoloxÃa destes recintos sen seren escavados", sinalou Gago, "poden estar relacionados coa conflitividade social e o ambiente de violencia dos últimos séculos do Imperio Romano e a entrada dos pobos xermánicos, canda posteriores usos máis coxunturais". A fortificación da Moa serÃa, xa que logo, o terceiro recinto de carácter defensivo no Pindo.