O Salón do Libro de Pontevedra reduce a súa duración

Desenvolverase entre o 2 e o 23 de marzo co lema A toda máquina

22/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Cartel XIV Salón do Libro de Pontevedra

Con 80.000 euros de orzamento (20.000 menos que na anterior edición) e dez días menos de duración, Pontevedra encara o XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil. No entanto, a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, asegurou que se manterá o número de actividades previstas. Co título A toda máquina, o evento homenaxeará a Marilar Aleixandre e achegará oito exposicións. Entre as actuacións previstas destacan Fantoches Baj, Mofa e Befa, Yllana, Tanxarina ou o Seminario de Jazz de Pontevedra. Entre as novidades do evento, haberá un espazo dedicado á videoconsola Wii e un novo formato de presentación das novidades editoriais.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Marilar Aleixandre, Jazz, Exposicións...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares