A Xunta entrega os Premios da Cultura ante a mobilización das artes escénicas

A Plataforma que agrupa ao sector teatral e musical concentrase na rotonda de acceso ao Gaiás

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Esta tarde terá lugar na Cidade da Cultura o acto de entrega dos Premios da Cultura Galega 2012. Unha entrega que estará enmarcada polas protestas de diferentes colectivos á xestión da política cultural da Xunta. A Asociación Internacional Estudos Galegos que recibiu o premio na categoría “Promoción Cultural de Galicia” xa anunciou non acudirá á entrega “en apoio ás e aos traballadores das artes escénicas e musicais”, como tampouco o fará o grupo Airiños, premiado na categoría de artes escénicas. A Plataforma das artes escénicas ten previsto concentrase na rotonda de acceso ao Gaiás a partir das 18:00 horas. A plataforma asegura que “en ningún caso queremos boicotear esta cerimonia nin causar prexuízo aos premiados, pero cremos que é un momento perfecto para que nos escoiten, ao tempo que evidenciamos o paradoxo de que os mesmos que entregan os premios sexan quen están a asasinar á cultura galega”.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Conceptos
Lugares