A óptima conservación da Catedral de Santiago custaría tres millóns de euros anuais

A Xunta non executou un millón de euros para recuperar as Ermidas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O custe para unha conservación "ideal" da Catedral de Santiago é de 3 millóns de euros anuais. Así o asegura Daniel Lorenzo, responsable da Fundación Catedral na edición de hoxe de El Correo Gallego. E esa cifra é precisa de aquí ata 2012. De momento, as actuacións que se desenvolverán para atallar as filtracións de agua xa están en marcha. Todas estas medidas se enmarcan dentro do Plan Director que contén as liñas básicas de traballo neste complexo. Hoxe tamén sae na prensa outra actuación en materia de Patrimonio. Neste caso no Santuario das Ermidas (O Bolo) onde a Xunta non executou unha partida dun millón de euros para a súa recuperación. A xustificación da administración autonómica é que a titularidade do edificio non é galega (Bispado de Astorga) máis a propiedade privada de terreos afectados que impediron realizar as actuacións.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, El Correo Gallego

Claves

Entidades
Conceptos