E seÂ…?

A última edición do TEDxGalicia achega o formato aos máis novos

Tecnoloxía, entremento e deseño. Todo iso en pílulas de apenas vinte minutos, cunha presentación moi coidada e e perfís de conferenciantes tan variados como atípicos. Na última sesión desenvolvida en Galicia houbo desde un piloto de GP2, unha deseñadora, unha cantante ata unha mestra. Ademais, como novidade o formato adáptase para os máis novos. É o tempo das conferencias que xa están na rede.

Nesta ocasión, a Fundación Galicia Sustentable decidiu engadir un reto máis ao debate. Tras dúas edicións en Santiago a terceira desenvolveuse no corazón do
Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas (Ourense), Tecnópole. “Para nos foi toda unha proba da implicación das e dos participantes co evento xa que realmente supón un esforzo engadido para asistir” explica Marcos Pérez Gulín, un dos organizadores da versión galega das TEDx. Un hándicap superado con éxito semanas antes de que se celebrara esta edición.

Este ano, o gancho para cada conerencia comezaba cunha pregunta “E se…?” Unha forma de achegarse a unha visión máis poliédrica da realidade “Nunca tratamos de dar respostas, máis ben buscamos confrontar as nosas propias opinións e procurar que saiamos do TEDxGalicia con máis preguntas das que chegamos” asegura Pérez.

Nesta ocasión, había unha novidade engadida, que era o feito de adaptar o formato para os máis novos. O resultado TEDxYouth@Galicia que en breve estará dispoñible na rede.

A selección por Marcos Pérez
Un cirurxán, un piloto de GP2, unha deseñadora, unha cantante, un empresario, unha mestra,… son un exemplo da variedade temática que houbo nesta edición.


A esencia do ser por Pablo Carpintero
Explica Marcos Pérez que como Pablo Carpintero fai “unha divertida charla na que destaca a naturalidade coa que traslada unha profunda reflexión con base na súa experiencia persoal acerca das circunstancias que nos levan a ser o que somos”.


A ciencia social de Jorge Mira
É unha das caras máis coñecidas da divulgación científica. O físico Jorge Mira estivo nesta edición de TEDxGalicia para ofercer “dunha forma diferente á que normalmente se lle asocia”.


A psicoloxía futbolística de Nacho Iglesias
Mentalización e psicoloxía son as dúas claves que Nacho Iglesias, un colexiado de primeira división do futbol español precisa para o seu traballo. Un exemplo, para Marcos Pérez “desa procura de temas cotás desde perspectivas diferentes”


A oportunidade crítica de Marcos Rodríguez
Diferente pero tamén moi oportuno para o contexto de crise actual é a aposta que fixo Marcos Rodríguez que “vive na súa empresa, Formato Verde, a coxuntura económica actual como unha oportunidade para repensar aspectos fundamentais da súa organización que poden resultar claves para o éxito no longo prazo”.


O espectáculo deliante de Vicente de Souza
Completa esta escolma unha conferencia que, para Marcos Pérez, “quedarán desde unha perspectiva máis espectáculo as actuacións humorísticas de Vicente de Souza e o fin de festa do Soncello Quartet facendoversións de Metallica como por exemplo a de Nothing Else Matters acompañados pola voz amateur de Silvia Miramontes”.