Finou en Ourense o actor Ernesto Ferro

Participou en series como Pequeno Hotel ou Terra de Miranda

Ernesto Ferro
Ernesto Ferro
Comezou a súa carreira como actor, no marco de grupos locais de Ourense. Deu o salto ao audiovisual de xeito serodio, con case 75 anos onde fixo numerosos papeis en diferentes series (Pequeno Hotel ou Terra de Miranda) e películas (Días de Voda e Hotel Danubio) e mesmo unha aparición. Ferro morreu na súa casa de Ourense a fin de semana pasada aos 86 anos.