Vigo quere ter o seu propio plan cultural

É unha proposta de financiamento autónomo e que xestionará todas as áreas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Cayetano Rodríguez Escudero, novo concelleiro de Cultura en Vigo, será o encargado de por en marcha o plan de actuación cultural que pretende ter a cidade de Vigo. Así o dixo o alcalde, Abel Caballero, no marco da visita á exposición a Manuel Colmeiro, que recolle hoxe o Atlántico Diario. Segundo este medio o concello pretende crear unha plataforma que aborde áreas como a programación museística, a arte, a música e promover os intercambios expositivos non que terá moito peso "a cooperación social". Este documento deseñará unha folla de ruta para os próximos 25 anos. O alcalde non explicou como se financiará este proxecto nin como se executará.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Abel Caballero, Colmeiro, Manuel Colmeiro, Atlántico...