O Xabarín Club recibirá o premio de honra da Academia Galega do Audiovisual

O venres 15 saberanse os finalistas dos Mestre Mateo

12/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Son moitos os motivos polos que a Academia Galega do Audiovisual decidiu darlle o seu premio de honra, Fernando Rei, a un programa de televisión como é o Xabarín Club. Primeiro porque foi “un espazo pioneiro no concepto imitado posteriormente pola maioría de canles”, segundo porque “conseguiu espallar a lingua galega polos fogares da nosa comunidade dando nome a toda unha xeración: A xeración do Xabarín”. Pero tamén porque “foi plataforma de base para actores, actores de dobraxe e incluso músicos” e mesmo chegou a xerar un xénero musical propio: o bravú. O programa, que chegou a ter cen mil socios, pervive mantendo a súa esencia e por iso a Academia lle concede este premio de honra. Entregarase no marco da Gala dos premios do Audiovisual Galego que terá lugar o 6 de abril no Pazo da Ópera da Coruña baixo a dirección de Dani de La Torre. Os finalistas saberanse este venres 15 de febreiro da boca de Luis Tosar e Camila Bossa.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xabarín Club, Academia Galega do Audiovisual, Dani de la Torre, Bravú...