A gala anual dos premios Mestre Mateo do audiovisual galego regresa á Coruña na súa XXIIª edición a celebrar o sábado 23 de marzo. Segundo presentaron onte na Filmoteca de Galicia os representantes da Academia Galega do Audiovisual o Coliseum da cidade herculina é o recinto escollido para acoller o evento, un espectáculo que estará presentado polos actores Lidia Veiga e Miguel Canalejo e dirixido pola dramaturga Noemi Rodríguez. O lema desta edición formúlase en tono de pregunta: "Hai alguén aí? Si?, Non? Si?". Unha referencia á xeración Xabarín, segundo explicou o presidente da Academia, Álvaro Pérez Becerra, que retoma a pregunta que lle facía aos espectadores o Xabarín que presentaba o coñecido programa Xabarín Club nos anos 90, unha pregunta que, desde a Academia se resposta afirmativamente: "si que hai alguén aquí, destoutro lado das múltiples pantallas nas que, corenta anos despois, o audiovisual galego está presente: temos un sector maduro e consolidado", afirmou. Os intérpretes Lidia Veiga e Miguel Canalejo serán os presentadores da gala, os dous representan tamén á xeración crecida co Xabarín Club.
Será a primeira vez que o Coliseum acolla os premios do audiovisual, que xa pasaron por diferentes recintos da Coruña, Palexco e Pazo da Ópera os máis frecuentes pero tamén polo Teatro Colón e en 2022 por Expocoruña. Segundo o presidente da AGA a elección do recinto que quere, nas súas palabras, corresponder ao éxito de público que consideran que amosa a cifra de espectadores acadada polas películas participantes nesta edición nas súas exhibicións en cines, superando os 325.000 espectadores, segundo datos da AGA, o que supón un aumento do 48% con respecto ás cifras acadadas polas películas participantes na edición anterior. Por ese motivo escolleuse o Coliseum para celebrar a que será, segundo Pérez Becerra "a gala máis multitudinaria da historia dos premios, abrindo as portas a preto de 2.000 asistentes". A gala celebrouse o pasado ano no teatro Municipal de Ourense, a primeira saída do evento da cidade en 12 anos, voltando a onde za se celebrara en 2011. Na súa historia a entrega dos Premios Mestre Mateo celebrouse en total en ata doce recintos diferentes e en sete concellos (Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Narón e Ourense), sendo a cidade herculina, onde ten sede a Academia a súa escolla máis habitual.
A presentación dos XXII Premios Mestre Mateo contou coa presencia dos presentadores, acompañados polo presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra; o Concelleiro de Fomento e Promoción da cidade do Concello da Coruña, Gonzalo Castro; a Deputada de Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Natividad de Jesús González; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil e o Director de Proxección Social da CRTVG, Xaime Arias. No transcurso do acto tamén se presentou o cartel da vixésimo segunda edición dos premios, inspirado na estética "vapor wave" e o lema da edición. O sábado 23 de marzo daranse a coñecer no Coliseum coruñés as gañadoras e gañadores da vixésimo segunda edición dos Premios Mestre Mateo, á que concorren 173 producións e 493 profesionais.