Federico Maciñeira y Pardo de Lama (Mañón, 1870- Ortigueira,1943) foi un destacado arqueólogo, aÃnda que na súa carreira tamén destaca ter sido alcalde e cronista oficial de Ortigueira. Da súa faceta investigadora,destaca a busca de novos modelos no traballo arqueolóxico. Foi un dos seis españoles asistentes á XII sesión do Congreso Internacional de AntropoloxÃa e ArqueoloxÃa de ParÃs en 1900 e foron moitos e moi variados os lugares nos que presentou os seus achados na zona do Ortegal, sobre todo no que ten que ver coas relacións entre Galicia e Inglaterra nas épocas prehistóricas. Grazas a unha asignación do goberno realizou escavacións no porto de Bares, que se documenta na obra Bares: puerto hispánico da primitiva navegación occidental, publicada postumamente. Todos estes méritos acaba de valerlle o recoñecemento do colectivo Ortigueira Literaria Dixital que declarou este 2013 o seu ano.