A 25ª edición do festival de Ortigueira conseguiu chegar aos 100.000 asistentes

Xosé Manuel Budiño gravou o seu directo para un proxecto audiovisual propio

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A crise non parece ter afectado ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que este ano conseguiu incrementar o seu número de asistentes. Segundo as estimacións do Concello de Ortigueira foron 100.000 as persoas que este ano se achegaron á localidade nos catro días do festival. Esta cifra supón un incremento de 10.000 persoas respecto ao ano anterior nun evento que adoita ser, segundo os anuarios da SGAE, o que máis público convoca en todo o Estado. Segundo un estudio da Cámara de Comercio de Ferrol o festival xera cinco millóns de euros de ingresos á comarca. Neste contexto de éxito da convocatoria o gaiteiro Xosé Manuel Budiño realizou a gravación en directo da súa actuación no festival o sábado, un concerto que integrará un proxecto audiovisual en DVD.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Budiño, Budiño, Festival de Ortigueira, DVD...

Claves

Protagonistas
Conceptos