Un estudo cuantifica en cinco millóns os ingresos que xenera o Festival de Ortigueira

A vindeira cita terá lugar do 9 ao 12 de xullo

8/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

É unha das citas de referencia do circuíto do folk de toda Europa. Pero, á marxe da repercusión musical do evento, o Festival de Ortigueira xera cinco millóns de euros á comarca entre os ingresos directos (os propios do festival), indirectos (principalmente os hostaleiros, que implican postos de traballo) e os inducidos (que atenden ao turismo e que inclúe, por exemplo, a xente que volve á comarca). Así o revela un estudo de impacto económico encargado polo concello da vila e que desenvolveu a Cámara de Comercio de Ferrol. O estudo conclúe que é o “principal motor turístico e económico da comarca”. Mentres tanto, xa está en marcha a vindeira edición (a número 25) que se celebrará do 9 ao 12 de xullo.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Ortigueira, Ortigueira, Folk, Turismo...

Claves

Conceptos