A recente edición do festival Vive Nigrán xerou un impacto económico de 600.000 euros na comarca viguesa, segundo os datos do estudo de avaliación da repercusión do encontro elaborado por un equipo de traballo da USC como parte das iniciativas desenvolvidas pola Xunta baixo a marca FEST Galicia, que promove o territorio galego como destino musical con criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social. Os resultados de Vive Nigrán, obtidos a partir de 1.080 enquisas directas a asistentes e das cifras facilitadas polo propio festival, foron presentados por Francisco J. Sanjiao, profesor do Departamento de EconomÃa Aplicada da USC, e Fran Núñez, autor da metodoloxÃa orixinal empregada. Segundo o informe, que aÃnda non se publicou, o recinto instalado en Praia América os dÃas 19 e 20 de xullo se rexistrou unhas 4.300 visitas, das que un 13% procedÃan de fóra de Galicia. O gasto medio por persoa e dÃa estÃmase –sen incluÃr transporte– en 65,59 euros, do que un 77% repercute directamente na área de Vigo. As marxes de retorno do impacto económico se sitúan entre 3,1 e 4 euros por cada euro investido polo festival, cifras que se incrementan ao analizar a optimización do investimento público por parte da organización do evento. Neste último caso, o retorno sitúase entre 15,5 e 19,5 euros por cada euro dos 15.700 adxudicados a Vive Nigrán a través da última convocatoria de subvencións da Agadic a festivais de música. O perfil de asistente máis común (muller, galega, de entre 25 e 44 anos, con estudos universitarios e traballadora por conta allea), é moi similar ao da maiorÃa de festivais que ata o de agora foron obxecto destes informes na pasada tempada e que están dispoñibles na web de Fest Galicia.
A valoración do público, que lle outorga a esta terceira edición unha nota de 7,6 sobre 10, é outro dos datos salientables do informe. Entre as puntuacións máis destacadas, sitúanse preto do 9 as relativas á súa localización e integración na contorna, ao trato do persoal e á sensación de seguridade. Estas elevadas notas esténdese tamén aos intanxibles e ao impacto social: permite coñecer novos grupos de música (8,88) e ver en directo propostas musicais de calidade (8,71), xera un ambiente positivo (8,59), mellora o coñecemento da localidade (8,55) e a súa imaxe (8,30), xera impacto económico (8,29), atrae turismo (8,19) e favorece o orgullo local (8,02). Con Vive Nigrán, ábrese a segunda quenda de estudos de impacto ao abeiro de FEST Galicia, que o ano pasado xa recolleu datos do Sinsal –tamén na comarca viguesa–, PortAmérica, Revenidas, SonRÃas Baixas e Resurrection. Este verán súmanse tamén os recentes Atlantic Fest e 17º Ribeira Sacra e para setyembro Festival de la Luz, WOS Festival e Caudal Fest.