Kunsthalle perfecciona no seu modelo de xestión cultural e gastronómico

Incorpora instalacións de Almudena Fernández e Ana Gesto

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Vista do espazo. Fonte: web de Kunsthalle

Vista do espazo. Fonte: web de Kunsthalle

Naceu para cubrir un oco no eido da gastronomía fusionada con cultura en Santiago de compostela (Conga, 8). Durante case un ano estiveron programando actividades propias e alleas relacionadas coa arte, música ou o audiovisual. Agora van un pouco máis alá e presentan “Revolución Kunsthalle” que supón, en palabras dos seus promotores David Barro e Carlos Montilla, “incrementar significativamente o número de actividades no espazo” e “diversificar o campo de acción”. Música, arte, cine, teatro, moda, deseño gráfico, idiomas ou cata de viños son os campos de acción dun proxecto que está lonxe do seu cometido último.

O ciclo Autorretratos, as Nerd nites, os Afterworks e os faladoiros en ingles “I Thin about English” repiten na programación xunto con propostas novidosas. É o caso do primeiro “Foro disruptivo” para profesionais da cultura, que terá lugar este venres 8. O entroido estará presente cunha xornada monográfica ao cinema de Quentin Tarantino. E, como espazo gastronómico, por esta banda tamén haberá novidades, como a incorporación de Martín Vázquez á proposta gastronómica de Alén Tarrío . Como son máis actividades, será Manuel Turnes quen se encargue de coordinar a programación cultural que terá un marcado compoñente contemporáneo.

Ademais da renovación na programación, o espazo tamén inclúe novidades. Tralas intervencións de Carlos Maciá e de Álvaro Negro, agora Almudena Fernández e Ana Gesto incorporan novas achegas ao espazo.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Comer con arte

Comer con arte

O espazo gastronómico-cultural Kunsthalle diversifica a súa programación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ana Gesto, Cine, David Barro, Teatro...

Claves

Entidades
Conceptos