Nace o I Congreso de Arte de Acción

Fugas e interferencias celebrarase en Pontevedra e Compostela en decembro

26/10/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Logo de diferentes convocatorias de carácter local nos últimos anos, as performances e a arte de acción semellan consolidarse no panorama cultural do país. Neste 2016 estes xéneros amplían a súa presenza coa posta en marcha de Fugas e interferencias, I Congreso de Arte de Acción. Entre o 1 e o 3 de decembro diferentes espazos de Compostela e de Pontevedra acollerán as actividades deste encontro, que ten aberto o prazo para presentar comunicacións. A nova iniciativa pretende desenvolver "a análise e a reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica". De xeito previo ao congreso está prevista a celebración na Fundación Granell dun obradoiro sobre performance da man de Ana Gesto. A Universidade de Vigo organiza o congreso, no que participan o Centro Galego de Arte Contemporánea, a Fundación Eugenio Granell e AIRE Centro de Arte.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

19/09/2013

Os X de Chámalle X

As xornadas de Arte de Acción nadas en Pontevedra fan dez anos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Ana Gesto, Universidade de Vigo, Fundación Eugenio Granell...