Cunha escolma do mellor da súa traxectoria as Xornadas de Arte de Acción Chámalle X está a celebrar estes dÃas o seu décimo aniversario. Pontevedra, Ourense e Vigo acollen as actuacións dun evento que mudou o panorama desta disciplina no noso paÃs. Dez anos de traballo nos que a iniciativa sufriu diferentes evolucións e que repasamos da man de Carlos Tejo, o seu coordinador.
Pontevedra acollÃa, a pasada fin de semana, a inauguración das décimas Chámalle X. As xornadas de Arte de Acción, nadas desde a propia facultade de Belas Artes desta cidade da man do profesor Carlos Tejo, continúan este venres 20 en Ourense e o vindeiro dÃa 26 en Vigo. A iniciativa é a única cita no noso paÃs dedicada á arte de acción ou á performance, é dicir, manifestacións creativas efémeras que se basean na acción ao vivo do artista, sexa en solitario ou con apoio de elementos técnicos, e mais na súa relación co público. Toda unha variedade de propostas que, polo seu propio carácter de pezas ao vivo, teñen problemas para chegar a grandes públicos.
Este ano
No programa, unha selección de nove artistas que xa participaran no encontro ao longo destes dez anos de actividade. “Tentamos facer unha modesta homenaxe a todos os que pasaron polo festival, que foron máis de cincuenta creadores do contexto galego”. A propia inauguración da proposta amosa como se ten asentado este tipo de arte na Cidade do Lérez. “AÃnda que a performance non é unha disciplina fácil, a rúa sempre é moi agradecida, e mais en Pontevedra, cun casco vello peonil e unha xente moi receptiva”. Ana Mazoy, MarÃa Marticorena, Félix Fernández, Amaya González Reyes ou David Crespo son algúns dos nomes presentes nesta xeira de aniversario.
Evolucións
Ao longo do tempo, Chámalle X mudou a súa orientación e funcións. “Nun primeiro momento o proxecto querÃa crear unha plataforma estable para poder achegarse á arte de acción”, un obxectivo que, logo dunha década cabe considerar que se conseguiu. “Cando nacemos non habÃa, e agora, fóra desta iniciativa, segue sen a haber”. O apoio da Universidade de Vigo foi crucial para o desenvolvemento do proxecto, que foi ampliando a súa rede e apoios co Centro Galego de Arte Contemporáneo e mais o MARCO, e chegando a colaboracións con eventos foráneos. Deste xeito, o que nacera para amosar o traballo galego, foi medrando e desénvolvenose. “Logo de tres anos nos que nos centramos a amosar o panorama galego e español, vimos que isto estaba máis ou menos cuberto e comezamos a facer sesións temáticas”. A partir dun fÃo condutor proposto pola organización o coordinador procuraba artistas que, dalgún xeito, traballasen arredor do mesmo. “Un ano, por exemplo, centrámonos no humor como ferramenta expresiva”. AÃnda despois dalgunhas edicións con este formato, as xornadas comezaron a integrar experiencias foráneas, sen abandonar nunca unha presenza importante de creadores galegos. “Tiñamos inquedanza por ver o que pasaba fóra das nosas fronteiras e abrimos a sección de paÃs convidado”. Portugal ou Alemaña foron algúns dos que pasaron xa polo encontro.
Eixes
Como algo transversal a todas as edicións, Chámalle X procura combinar a presenza de nomes recoñecidos no sector, como poden ser os de Ester Ferrer ou Juan Hidalgo, con creadores emerxentes. “Participou xente que ninguén coñecÃa e que hoxe teñen unha traxectoria consolidada”. Dentro da perspectiva de dar a coñecer este tipo de artes, Tejo sinala o traballo de editar un catálogo en cada edición no que se recollen textos crÃticos e de análise sobre este ámbito, ao que se suma a publicación dun DVD que compila os traballos de cada edición. O interese por investigar este ámbito complétase con invitacións a especialistas a diferentes conferencias e relatorios que afondan nas particularidades e tendencias deste tipo de creación.
Sen tendencias
Encol se na última década se puido verificar algunha tendencia na arte de acción galega, este profesor sinala a diversidade de propostas que se agochan detrás do epÃgrafe. “É unha práctica moi heteroxénea. Cadaquén emprega os estilos que máis lle interesa e é difÃcil identificar estilos. Pode haber xente que tenda máis a aspecto próximos a estrutura teatral, outros que empregan medios auxiliares como o vÃdeo ou o son ou quen prefire empregar unicamente o propio corpo”.
A situación
Malia á maior presenza pública que obtivo a arte do movemento galega a través destas xornadas e a súa relativa aceptación entre o público, Tejo non é optimista sobre a situación e a evolución destas formas de creación. “Non é doado ver como estes dez anos puideron deixar pegada na xeración de artistas que medrou co festival”, recoñece. “Algo influirÃa, pero penso que unha convocatoria como esta, uns dÃas cada ano, non abonda para mudar as cousas. Supoño que a arte de acción estará algo mellor do que antes do festival, aÃnda que non podemos esquecer antes tamén habÃa cousas neste campo”. E nese sentido sinala a problemática crónica que acompaña este tipo de formas artÃsticas. “É unha disciplina difÃcil de facer coa que custa sobrevivir. Ao ser efémera non entra no mercado, nas galerÃas ou nos museos que son os circuÃtos de exhibición habitual. Entón os que poden amosar unha preferencia por este medio acaban por deixalo”. A crise actual non fai máis do que acentuar esa problemática propia. “Xa nunca estivo ao nivel de recoñecemento doutras prácticas e agora está peor”, apunta, a remarcar a necesidade de lle outorgar un maior apoio público á cultura. “Hoxe as condicións do artista son moi precarias, as institucións programan a custe cero, pero o creador ten que levar unha compensación polo seu traballo”.
Programa do X Chámalle X.Pontevedra acollÃa, a pasada fin de semana, a inauguración das décimas Chámalle X. As xornadas de Arte de Acción, nadas desde a propia facultade de Belas Artes desta cidade da man do profesor Carlos Tejo, continúan este venres 20 en Ourense e o vindeiro dÃa 26 en Vigo. A iniciativa é a única cita no noso paÃs dedicada á arte de acción ou á performance, é dicir, manifestacións creativas efémeras que se basean na acción ao vivo do artista, sexa en solitario ou con apoio de elementos técnicos, e mais na súa relación co público. Toda unha variedade de propostas que, polo seu propio carácter de pezas ao vivo, teñen problemas para chegar a grandes públicos.