Leva dous meses no cargo pero non foi ata agora cando comezaron a agromar as liñas da súa xestión.Carlota Álvarez Basso (Vigo, 1964) dirixe o Matadero, unha entidade fundamental da cultura madrileña, promovida pola Área de Goberno das Artes do concello madrileño, en colaboración con entidades públicas e privadas. Manexará un orzamento que supera os tres millóns de euros e considera que a coprodución é a clave fundamental da súa xestión. Entre os recursos cos que conta na rede esta institución madrileña destaca un completo arquivo de creadores de profesionais vencellados á cidade entre os que hai presenza galega (Carlos Macía, Antía Moure, Victoria Diehl
).
A viguesa Álvarez Basso ten unha experiencia dilatada en centros de xestión. Foi a encargada de botar a a andar o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), que abandonou para tarballar na Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales. De aí pasou á Fundación Córdoba Cidade Cultural, que tentou, sen éxito, uha capitalidade cultural europea. Entre o seu currículo tamén detaca o seu papel no departamento de audiovisuais do Reina Sofía.