Os deseñadores comparten co público o debate sobre o papel do seu traballo

Terá lugar no CGAC o vindeiro 9 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os deseñadores comparten co público o debate sobre o papel do seu traballo

Non é unha cuestión baladí. O deseño está en todo canto nos rodea desde carteis, etiquetas dos produtos que consumimos ou forma de acceder aos contidos na rede. Por iso, a Asociación Galega de Deseñadores convoca unha asemblea aberta para coñecer a a opinión dos asociados e asociadas, así como do público en xeral . Será o vindeiro sábado 9 de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea no marco dunha sesión intensiva. Co obxectivo de coordinar todas as achegas propoñen seis temas de debate (a web, a formación, a produción, a comunicación, a historia do deseño galego e a forma na que as administración públicas contratan este tipo de servizos e produtos).

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

¿Tralo deseño galego?

¿Tralo deseño galego?

Unha mesa de debate reflexiona sobre as posibilidades dun deseño creativo galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación Galega de Deseñadores, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)