O realismo universal

O Torrente Ballester achégase á pintura realista de Xoan Guerreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Príncipe Pio, 2009 Xoan Guerreiro. Fonte: web do CTB

Príncipe Pio, 2009 Xoan Guerreiro. Fonte: web do CTB

Xoan Guerreiro regresa ao Centro Torrent Ballester de Ferrol para dar a ofrecer a súa evolución dentro da pintura realista. Desta volta faino con Rexistros do silencio, unha exposición individual comisariada por Sara Donoso, na que parte dunha visión autobiográfica para ofrecer unha realidade que se proxecta como universal. Son 32 obras, algunhas delas inéditas, que ofrecen unha visión ampla da súa traxectoria profesional.

Atardecer no faro de San Cibrao, Xoan Guerreiro. Fonte: web do CTB
1/3
Calle Real, 2012. Xoan Guerreiro. Fonte: web do CTB
2/3
Rexistros do Silencio
3/3

Non era a primeira vez que o Centro Torrente Ballester se achega á pintura realista. Fíxoo hai 12 anos, cunha mostra colectiva (de título Realismos?) que comisariou daquela o finado Bernardo Castelo. Agora, un dos creadores desa exposición regresa para dar a coñecer a súa evolución. A exposición pódese ver ata o vindeiro 29 de marzo.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Un torrente de Mundos

Un torrente de Mundos

Duascentas pezas descobren as facetas menos coñecidas de Torrente Ballester

Un torrente creativo

Un torrente creativo

Unha exposición sobre arte e política abre unha nova etapa no Torrente Ballester

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Gonzalo Torrente Ballester, Centro Torrente Ballester de Ferrol