Física e virtual

Preséntase a Galería de Arte Ayarte, que centrará a súa actividade na rede

28/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Floreta. Horacio Peñas Gómez

“Esta primeira exposición será presencial pero é un caso puntual porque o noso obxectivo concéntrase na rede” explicaba Javier Ayape, promotor dun novo proxecto que agroma no convulso panorama galerístico actual. Ten como nome Ayarte e consiste nunha proposta de xestión cultural para promover a arte contemporánea mediante a creación de contidos artísticos, encontros, intercambios artísticos ou certames. Como carta de presentación no espazo Portoenorte(rúa do Vilar, 30 Santiago) exhibirán traballo recente do pintor Horacio Peñas (Zamora, 1979).

A praia, 2011. Horario Peñas
1/5
Le rasin, 2011. Horario Peñas
2/5
Paisaxe zamorano, 2011. Horario Peña
3/5
Torre do caracol, 2011. Horacio Peña
4/5
Punto de partida
5/5

Malia que se presenta como galería de arte, a súa actividade non só se circunscribe a este sector. Javier Ayape, promotor do espazo epxlica que “ten unha orientación para incentivar a arte nas diferentes facetas plásticas, pero tamén haberá oco para a literatura e outras disciplinas”. O proxecto está de momento en marcha, a web aínda non está completada de todo e espera incrementar o número de socios da asociación sen ánimo de lucro que está por detrás de todo este proxecto. “A nosa intención a curto prazo é colgar no web algún tipo de exposición máis e esperamos facelo con Concha Lagoa, unha artistas da zona de cangas do Morrazo, así como abrir o oco para outros pintores cos que xa contactamos” puntualiza.

Neste momento complexo para as galerías de arte, cando outras entidades como Metro en Santiago, anuncian o peche, Ayape defende o seu proxecto argumentando que “en época de crise queremos facer un esforzo e incrementar a presenza da arte e da cultura entre a cidadanía”.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Rúa do Vilar, Zamora, Galerías de arte...