Abre as súas portas a galería Goran Govorcin para promover artistas novos

Arte no cruceiro

5/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

“Son onde non penso, penso onde non son” é o título da exposición fotográfica coa que se estrea en Galicia a nipona Kimiko Yoshida. Pero tamén é a carta de presentación de Goran Govorcin Contemporary (Cruceiro do Galo, 17), a nova galería de arte compostelana. Un espazo que promoveron Goga Maric e Raquel Rosón e que ten como principal obxectivo apostar polos novos valores tanto galegos como internacionais. Nese sentido, a galería achegará nos vindeiros meses o traballo de Rubén Ramos Balsa (Santiago, 1978), un dos referentes da arte galega máis actual.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Rubén Ramos Balsa, Galerías de arte

Claves

Protagonistas