Universo concéntrico

Goran Govorcin Contemporary achega a obra recente de Paulo Neves

16/12/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A exposición Bio-grafías pode verse na galería Goran Govorcin

Bio-grafias, o último traballo de Paulo Neves (Porto, 1959), achega unha caligrafía feita de símbolos e enigmas que pretenden evocar as ondas do mar e do infinito. Unha mostra deste artista portugués, internacionalmente recoñecido, que serve para identificar os seus sinais de identidade: a representación do rostro humano e a creación de impresións, rodas e ocos a partir de liñas concéntricas, realizadas fundamentalmente en pedra e madeira. A exposición abre as súas portas este xoves 17 na galería Goran Govorcin Contemporary (Cruceiro do Galo, Santiago).

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

11/03/2009

Puntos de inflexión

Montse Rego reflexiona sobre a orixe do ser humano na súa última exposición

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, Identidade, Galería

Claves